Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa

 

Convocatoria para o ano 2014 do “Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa”

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26 de setembro de 2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do “Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 188 do martes 30 de setembro de 2014).

As solicitudes achegaranse, segundo modelo normalizado (Anexo I), ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao Programa de Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, inescusablemente xunto coa totalidade da documentación requirida (orixinal ou copia compulsada previamente no Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego, agás o DNI).

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 01/10/2014 – 16/10/2014

Documentación

Entradas Similares:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, ACEPTAR